LIBRO
Dalgún xeito a idea da traducción de “Le petit Prince” á Lingua do Val de Xálima naceu dunha necesidade, a de aportar dignidade a unha modalidade lingüística única. Qué mellor maneira, que escoller a universal obra de Saint-Éxupéry?
O proiecto fíxose realidade grazas ao esforzo na traducción de tres amigos: Mingu, Seve e Pepi (Domingo Frades Gaspar, Félix Severino López Fernández e José María González Rodríguez). Tamén foi importante o apoio da Editorial Imcrea, certo tempo de negociacións con Gallimard Editions de Francia… e moita ilusión.
“U/O pequenu príncipi” quere ser un prezado regalo para os lectores e as lectoras (tanto pequenos cumo maoires) non so do Val de Xálima … senon de cualquera parte do noso planeta.
Se queres ter un ou varios exemplares da traducción, escribe un correo a:
pequenu.principi@gmail.com
Se queres ter un ou varios exemplares da traducción, escribe un correo a:
pequenu.principi@gmail.com
LE PETIT PRINCE
Este marabilloso libro foi escrito e tamén ilustrado polo escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry (1900-1945) no ano 1943.
É unha das obras literarias máis traducida no mundo, concretamente a máis de 250 modalidades lingüísticas.
Na Península Ibérica foi traducido anteriormente, a: castelán, portugués, catalán, galego, eusquera, asturiano, aragonés, estremeño, aranés, valenciano, leonés, eonaviego e mirandés.
VAL DE XÁLIMA E A SÚA LINGUA
O Val de Xálima é unha bisbarra natural do noroeste de Estremadura, no enclave de Serra de Gata. Ten tres concellos (lugaris): Valverdi du Fresnu, As Ellas i Sa Martín de Trevellu. En total contan cunha poboación de case que 5.000 habitantes.
Conserva unha lingua romance, clasificada dentro do subgrupo galaico-portugués. É coñecida con diferentes nomes: fala de Xálima, fala dus tres lugaris, a nosa fala, xalimegu, valego, galaicu-extremeñu, galego de Estremadura etc.
Pénsase que a súa orixe está na Idade Media, na repoboación das terras reconquistadas aos musulmáns polo Reino de León con xentes de lingua galega (ou galegoportuguesa).
Máis do 90% dos habitantes do Val de Xálima exprésanse habitualmente na súa lingua, sendo a lingua minorizada con maior porcentaxe de falantes de Europa. Presenta algunhas peculiaridades en cada lugar, chamándose valverdeiru en Valverdi, mañegu en Sa Martín e lagarteiru nas Ellas.
O número total de falantes pode acercarse aos 10.000, tendo en conta aos emigrantes que ainda fan uso dela.
A base lingüística da Lingua de Xálima é galaico-portuguesa se ben presenta moitos rasgos do estremeño (variante astur-leonesa).
Desgraciadamente o apoio institucional que ten é prácticamente nulo, a pesares de ser un verdadeiro tesouro lingüístico e a elevada porcentaxe de pesoas que a manteñen como idioma proprio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario